Título node Learning object

I Concurso de microvideos " De fronte á violencia de xénero"
Ven, 21/04/2023 - 13:24
I Concurso microvideos

A  Deputación Provincial da Coruña convoca o I Concurso de microvideos a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención das violencias de xénero dixital, entendidas estas como todas as conductas de violencia de xénero que se exercen a través das novas tecnoloxías, redes sociais e/ou en internet: ciberacoso, sexting, sextorsion, stlaked, grooming, shaming, doxing, ou calquera outra forma de acoso nas redes.

Participantes: Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que se presenten individualmente ou en grupo. É importante a participación da comunidade educativa (profesorado, familias e contorna) como piar necesario para guiar e orientar o proceso de creación. Cada participante só poderá presentar un único microvídeo orixinal e inédito, non premiado con anterioridade nin difundido publicamente antes por ningún tipo de soporte nin canle.

Premios: Outorgaranse premios de 1000 euros.

Prazo de presentación: Ata as 14:00 horas do día 15 de xuño de 2023

Nesta ligazón podedes atopar máis información sobre as bases, un repositorio de recursos sobre conceptos relacionados coas violencias dixitais, catro audiovisuais explicativos e un xogo interactivo sobre Que sabes das violencias dixitais? que poden axudarvos.

Animádevos a participar!