Título node Learning object

FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE CARTEIS DO 8 M
Ven, 03/03/2023 - 13:44
8 M

Os membros do Tribunal do concurso de carteis de conmemoración do Día Internaional da Muller, organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral de Cultura, Educación, FP e Universidades, publicou o seu dictame. A entrega de premios terá lugar o 8 de marzo. Pódese consultar a información relacionada coa convocatoria na seguinte ligazón

Deliberacións:

Os carteis presentados foron:

1ª Categoría (alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria): 17 centros

2ª Categoría (alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Educación Especial): 36 centros

3ª Categoría (alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º de Bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior): 42 centros

Dictame do xurado 

1ª Categoría (alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria)

  • 1º premio: Centro de Educaión Infantil e Primaria Plurilingüe Anxo da Garda, da Coruña. Alumnado de 2º de Educación Primaria, co título "Igualdade"
  • 2º premio: CPI Cova Terreña, de Baiona. Alumnado de 4º de Educación Primaria co título "Fomentamos a igualdade no patio do cole"
  • Accésit: CEIP a Carballeira, de Lourizán-Pontevedra. Alumnado de 4º de Educación Infantil co título "Mariscadoras"

2ª Categoría (alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Educación Especial)

  • 1º premio: Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario, da Coruña. Alumnado de 2º de Educación Secundaria, co título "Seguimos en loita pola Igualdade"
  • 2º premio: IES Illa de Ons, de Bueu. Alumnado de 2º de Educación Secundaria co título "Pero se xa hai igualdade"
  • Accésit: IES Ramón Cabanillas, de Cambados. Alumnado de 1º de Educaión Secundaria Obrigatoria co título: "Rumbo á igualdade"

3ª Categoría (alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º de Bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior)

  • 1º premio: Instituto de Educación Secundaria Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo. Alumnado de 1º de Bacharelato, co título " Elas abriron o teu futuro"
  • 2º premio: Instituto de Educación Secundaria Rafael Dieste, da Coruña. Alumnado de 4º de Educación Secundaria co título "Alumeando"
  • Accésit: Instituto de Educación Secundaria A Xunqueira II, de Pontevedra. Alumnado de Bacharelato co título "Publicacións pola Igualdade"