Listaxe definitiva de centros públicos admitidos para participar no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23

Ven, 30/12/2022 - 11:08

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a listaxe definitiva de centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades seleccionados para participar de forma experimental no programa Cinema na aula durante o curso 2022/23.

Os centros poderán engadir ao profesorado participante dende a publicación desta listaxe definitiva ata o día 20 de xaneiro de 2023.