Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 dalgunhas especialidades do corpo de mestres

Xov, 15/12/2022 - 09:53

Xúntase a Resolución do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas admitidas para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ás especialidades de Lingua estranxeira inglés (597032), Lingua estranxeira francés (597033), Educación física (597034), Música (597035), Pedagoxía terapéutica (597036) e Audición e linguaxe (597037) do corpo de mestres.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), do seguinte xeito:

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Alegacións” da instancia de matrícula na especialidade correspondente.

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Neste caso, o formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 14 DE DECEMBRO DE 2022 e especificar a especialidade que reclama

- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

As listaxes provisorias de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/.