Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesorado de EOI e profesorado de artes plásticas e deseño
Xúntase a Resolución do 24 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ao corpo de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficias de idiomas e profesorado de artes plásticas e deseño.
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), do seguinte xeito:
A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente
B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
Resolución provisional do 13 de outubro de 2022
Anexo I.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 590
Anexo II.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 592
Anexo III.- Listaxe provisoria de persoas excluídas especialidades corpo 595
Resolución definitiva de 24 de novembro de 2022
Anexo I.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 590
Anexo II.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 592
Anexo III.- Listaxe definitiva de persoas excluídas especialidades corpo 595