Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesorado de EOI e profesorado de artes plásticas e deseño

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesorado de EOI e profesorado de artes plásticas e deseño [1]

Enviado por administrador a Lun, 28/11/2022 - 12:06
Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022-2023 correspondentes ao corpo de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficias de idiomas e profesorado de artes plásticas e deseño.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 con dereito á incorporación na lista poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]),  do seguinte xeito:

A) As persoas opositoras que presentaran a solicitude normalizada mediante o procedemento ED001A deberán empregar a opción “Recurso de reposición” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente

B) As restantes persoas opositoras deberán empregar o impreso xenérico “Recurso de reposición” dispoñible no procedemento PR004A, e dirixilo á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

As listaxes definitivas de admitidos poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/ [3]

 

    Información relacionada

    Anuncio principal: 

    Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2022/2023 do corpo de PES, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de artes plásticas e deseño [4]

    Servizo relacionado: 

    Listas de substitucións [5]
    Programas e plans [6]
    Interinidades e substitucións [7]
    Educación secundaria obrigatoria [8]
    Bacharelato [9]
    Formación Profesional inicial [10]
    Ensinanzas de idiomas de réxime especial [11]
    Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño [12]
    Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial [13]
    Profesorado [14]

    URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38617

    Ligazóns
    [1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38617
    [2] https://sede.xunta.gal/
    [3] https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
    [4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38236
    [5] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/17
    [6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
    [7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/197
    [8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
    [9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/84
    [10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/85
    [11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/211
    [12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/110
    [13] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/51
    [14] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado