Título node Learning object

Premio Concepción Arenal 2022 a proxectos educativos pola igualdade de xénero
Xov, 29/09/2022 - 09:37
Premio Concepción Arenal

A Deputación da Coruña convoca o IX Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdad de xénero. 

O premio ten como obxecto deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así como a construcción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respetar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, así como a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

 O premio concederase ao mellor programa educativo en cada unha das tres modalidades que xa se implantase, que se pretenda continuar ou ben que estea pendente da súa execución. Premiarase o programa de actividades de centro no que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero, así como a sensibilización, prevención de comportamentos de risco e intervención en materia de violencia de xénero incorporando de forma transversal a educación en valores como a solidariedade, tolerancia, respecto, xustiza, igualdade, diversidade etc, a promoción da empatía e autoexpresión emocional e o fomento da participación da familia, da escola e da comunidade.

Centros aos que vai dirixido: poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria, ou as dúas, educación especial e educación secundaria. Os proxectos presentados deben ser orixinais, polo que non poden participar aqueles proxectos xa premiados en calquera convocatoria de similar natureza. Cada centro educativo só poderá participar cun único proxecto.Non poderán participar os centros educativos premiados, en convocatorias anteriores, na mesma modalidade na que se presentaron.

Modalidades de participación:
A.- Proxectos educativos en educación infantil
B.- Proxectos educativos en educación primaria
C.- Proxectos educativos en educación secundaria

Premio: establécense tres premios, un por cada modalidade, dotados cada un deles con 5.000 €.

Enlace ao BOP das bases.

Enlace á web coas bases, carteleria.

SolicitudeAs solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). A solicitude e toda a documentación estará asinada pola persoa que presenta a candidatura.

Prazo de Presentación: o prazo remata ás ás 14h do 28 de outubro de 2022.