Título node Learning object

Formación en igualdade 2022/2023
Lun, 26/09/2022 - 13:12
Plan anual profesorado

As actividades de formación relacionadas coa inclusión, a convivencia e a coeducación son un piar fundamental do Plan de Formación do Profesorado 2022-2023 co que se pretende contribuír ao benestar do alumnado en todos os ámbitos da vida persoal, escolar e familiar, así como crear dinámicas que favorezan o desenvolvemento de espazos de aprendizaxe seguros, saudables, sostibles e democráticos.

Neste labor é fundamental a implicación de toda a comunidade educativa: o profesorado, os equipos directivos, os departamentos de orientación dos centros e as familias. Para todos estes colectivos, o presente Plan de Formación contempla actividades específicas centradas na promoción da calidade educativa, da equidade e da inclusión.

COEDUCACIÓN E CONVIVENCIA Por outra banda, a coeducación implica a abordaxe da promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que ten como un dos seus fins reducir as fendas de xénero no ámbito educativo, e tamén a atención á educación afectivo-sexual desde unha perspectiva de xénero e de diversidade. Desta oferta destacamos as seguintes actividades:

■ Formación básica en coeducación, co foco na igualdade de oportunidades e na violencia de xénero, cunha duración mínima de 20 horas, obrigatoria para o persoal docente que supera os procesos selectivos e aberta ao resto do persoal docente de centros sostidos con fondos públicos.

■ Formación inicial en igualdade para todo o profesorado.

■ Actividades formativas vencelladas ao Plan Proxecta+ prioritarias para o profesorado involucrado nos programas deste plan, pero abertas, nalgúns casos, ao resto de docentes.

■ Actividades de formación avanzada destinadas, principalmente, a afondar nos aspectos vencellados á introdución da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos do saber, á detección e intervención ante a violencia de xénero e á abordaxe da educación afectivo-sexual

DOCENTES EN PRÁCTICAS Formación inicial para o persoal de nova incorporación sobre:

■ Coeducación, co foco na igualdade de oportunidades e na violencia de xénero

 ■ Inclusión e novos espazos de aprendizaxe

RECOPILACIÓN DE CURSOS  EN MATERIA DE IGUALDADE

  • En rede:

G2202009. Curso básico en igualdade laboral (xornadas) 2º trimestre. CAFI (8h)

G2201071. Estratexias  para a promoción da igualdade no ámbito educativo Plan Proxecta (curso),(18/10/22-30/11/22)

G2201076. Formación en igualdade 2ºtrimestre. CAFI (20h)

G2201030.Formación en igualdade para funcionarios en prácticas(curso). (CAFI),(20h)

G2201031.Formación en igualdade para funcionarios en prácticas(curso) .(CAFI),(20h)

G2201035. Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta (curso) 2º trimestre (30h)

G2201058. Consumo e xénero. A publicidade na aula. Plan Proxecta (curso) 2º trimestre. CAFI (30h)

G2201091. Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero. Plan Proxecta (curso). CAFI (30h) 

  • Mixta:

P2201018. Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (curso) 1º trimestre. Pontevedra (8h)

L2201021. Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (curso) 2º trimestre. Lugo (8h)

S2201069. Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais (curso) 3º trimestre. CAFI (8h)

  • Presencial

P2202006. Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo. (xornadas) 1º trimestre .Pontevedra (8h)

O2202023. Diversidade afectivo sexual e familiar. Coñecer para acompañar (xornadas),3º trimestre. Ourense (10h)

P2202006. Actuación ante os casos de violencia de xénero no ámbito educativo. (xornadas) 1º trimestre. Pontevedra (8h)

X2201031. Estratexias didácticas  para traballar a diversidade sexual e de xénero nos centros de ensino (curso) Servizos Centrais.

S2201104. Xéneros de punto desde a innovación artística e a industria.(curso).CAFI

 

              Ligazón a FPROFE

             

              Plan Anual de formación do profesorado para o curso 2022_23