Título node Learning object

Premios Alianza STEAM 2022 polo talento feminino
Mér, 21/09/2022 - 09:15
Premios

Dende a unidade de Igualdade  do Ministerio de Educación, convocan por primeira vez os Premios Alianza STEAM 2022 polo talento feminino. Buscan as mellores iniciativas educativas dirixidas ás nenas e as mozas para espertar o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía.

O prazo de presentación termina o 7 de outubro. Poden participar centros educativos financiados con fondos públicos e entidades públicas ou privadas que desenvolvesen as súas accións entre 2021 e 2022.

 

 

Concederanse 50.000 euros en total, distribuídos en cinco categorías

  • Infantil e Primaria
  • ESO, BAcharelato e FP Básica
  • FP Grao Medio
  • FP Grao Superior
  • Entidades.

Consultar as bases na web: Premios da Alianza STEAM.