A Consellería de Cultura e Educación convoca os premios fin de carreira para os estudantes do sistema universitario de Galicia

Os beneficiarios serán os alumnos e alumnas das universidades galegas que remataron os seus estudos no curso 2010-2011

As solicitudes, cuxo prazo esta aberto ata o 24 de febreiro, poderán realizarse a través da sede electrónica

Dom, 08/01/2012 - 10:55

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos no Sistema Universitario de Galicia no curso 2010-2011. O prazo para presentar a documentación estará aberto ata o 24 de febreiro de 2012.

Con esta convocatoria a Consellería volve a dar contar do seu interese por recoñecer o esforzo e o traballo desenvolvido polos estudantes en Galicia, así como o seu compromiso cos estudos levados a cabo. Así, cada un dos seleccionados recibirá un premio en metálico así como un diploma acreditativo en recoñecemento a súa labor durante a etapa universitaria.

As solicitudes

Este ano, por primeira vez, as solicitudes do modelo ED415A se realizan a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.es. Ao longo da convocatoria publicada hoxe no DOG sinalase o proceso para realizar a tramitación da solicitude. En caso de dúbidas os solicitantes poden facer uso do teléfono de información 012. Para realizar a solicitude das axudas a través da sede electrónica e necesario un DNI electrónico ou outro tipo de dispositivo. En caso de que no se teña é preciso presentar a petición en formato PDF.

Os recoñecementos están destinadas aos estudantes cos nota media máis alta en cada unha das titulacións impartidas nas universidade públicas galegas e que remataron os estudos de grao, licenciado, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico no ano 2011.

O 28 de marzo as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas serán expostas na Consellería de Educación, nas xefaturas territoriais, e vicerreitorados de estudantes das tres universidades galegas, sinalando as causas de exclusión. As listas tamén poderán ser consultadas en www.xunta.edu.xunta.es.