Convocados os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2011 nas universidades do SUG

Xov, 05/01/2012 - 09:40

Xúntase a Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que remate os seus estudos universitarios no ano 2011 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Estes premios son compatibles con outras bolsas e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Poderán solicitar estas axudas  os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:
a)    Posuíren a nacionalidade española ou ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
b)    Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos,  para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades,  Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,5 puntos, para alumnos  da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media  calculada  de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
c)    Teren  rematada a carreira no curso académico 2010/2011, nos termos que figuran no artigo 4º desta orde.   
d)    En ningún caso o 1º ciclo dunha titulación de LRU poderá servir de base para a concesión de máis dun premio fin de carreira dunha titulación de ciclo longo.
e)    Aqueles alumnos que xa obtiveron este premio en anteriores convocatorias, non poderán obtelo de novo.

Período de solicitude:
Prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 24 de febreiro de 2012.
As listas provisionais de admitidos e excluídos por documentación serán expostas o 28 de marzo do 2012. Os interesados disporán dun prazo de reclamación que será do 29 de marzo ao 12 de abril de 2012.

Menú Advertisement

Premios autonómicos

Sen términos