Título node Learning object
Curso de Arte. Avantaxado feminino na Fundación Eugenio Granell
Ven, 27/05/2022 - 12:56
"Avantaxado feminino": Curso de arte impartido por Carolina Munáiz. Un percorrido polos camiños artísticos do SXX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo. O pretexto biográfico concederá unha mirilla ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria, e aos estímulos vangardistas claves do momento.
Días: Dez sesións. Mes de xuño. Mércores 1, venres 3. Luns 6, mércores 8, venres 10. Luns 13, mércores 15, Venres 17. Luns 20, mércores 22.
Horario: 11.30h a 13.00h.
Gratuito.
Aforo limitado. Inscrición: secretaria@fundacion-granell.org / Tel. 981 57 21 24