Título node Learning object

Presentación do libro "Feminismo de proximidade"
Mar, 10/05/2022 - 12:33
anuncio

A profesora xubilada Lola Varela presenta a súa primeira obra Feminismo de proximidade (Ed. En Selecta Companha) unha compilación de textos de diverso tipo publicados pola autora en distintos medios arredor dos debates da axenda feminista actual. Lola Varela é unha das pioneiras da coeducación en Galicia, unha docente de longa traxectoria coeducadora que está acreditada como experta no Rexistro de docentes de igualdade da Xunta de Galicia.

No acto de presentación intervirán tamén Azucena Arias Correa e José Mª Alén de la Torre, coautores do prólogo introdutorio do libro e docentes especializados en coeducación.

Data: venres 13 de maio de 2022
Hora: 20.00 h
Lugar: Espazo Nemonon (edificio Villa Pilar; rúa do Marqués de Riestras, 11- 1º), Pontevedra

A entrada é libre con acceso limitado por restricións derivadas da covid-19.