Título node Learning object

Publícase a estratexia vasca contra a violencia cara á infancia e á adolescencia
Mar, 10/05/2022 - 09:57
portada

O Departamento de Igualdad, Justicia y Políticas Sociales do Goberno Vasco publicou a Estrategia vasca contra la violencia hacia la infancia y adolescencia 2022-2025. No más juguetes rotos. Esta estratexia pretende ser unha ferramenta para construír una mirada compartida en clave de país sobre a violencia cara á infancia e á adolescencia, que facilite articular toda esa experiencia, o coñecemento acumulado e os esforzos que axentes múltiples realizan cada día para avanzar nunha mesma dirección.

Con esta estrategia búscase unha mellor preparación para previr todas as formas de violencia, para detectar con maior rapidez e para intervir de xeito temperán sobre as situacións de violencia, para ofrecer unha atención e protección integrais, para reparar todos os danos causados, para mellorar a colaboración entre institucións e para avanzar cara á consolidación da colaboración e cooperación dunha rede institucional que coñeza máis e mellor a realidade, que xere coñecemento, que mellore de xeito permanente e que proporcione unha atención de calidade.

A obra pódese descargar na seguinte ligazón.