Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23

Xov, 21/04/2022 - 11:19

Resolución do 7 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23.

  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 29 de xuño de 2022, ambos os dous incluídos.
  • O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación desta resolución e o día 23 de maio de 2022, ambos os dous incluídos.