Título node Learning object

Publícanse as axudas para realizar actividades coeducativas desde as ANPA
Lun, 21/03/2022 - 09:18
DOG

A Secretaría Xeral da Igualdade publica hoxe a convocatoria das axudas para a realización de actividades coeducativas dirixida ás anpas. Trátase da Resolución do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI449B).

 

Pódese consultar toda a información no Diario Oficial de Galicia.

Publicación: DOG do 21 de marzo de 2022
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes