Convocatoria do IV Concurso de Podcasts-Radio na biblio

Mér, 02/03/2022 - 12:31
rad

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas escolares, fai pública a Resolución de 01 de marzo de 2022, pola que se convoca o IV Concurso de Podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Poderán participar os centros públicos non universitarios, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, integrados ou non no programa Radio na biblio. Esta proposta está vinculada á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao poeta,articulista, editor, tradutor, activista cultural e político no exilio Florencio Delgado Gurriarán, polo que as temáticas dos podcasts, nas catro modalidades previstas, deberán tratar sobre a valoración da lingua materna, reforzo da lectura de poesía galega ou o achegamento ao mundo da edición e da tradución, e da importancia da cultura galega na diáspora da que foi protagonista, entre outros, o autor homenaxeado.

  • O prazo de presentación dos traballos e da documentación complementaria remata o 29 de abril de 2022.