Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades, propias de Arte Dramática, do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Xov, 03/02/2022 - 10:03

Publícase a resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades, propias de Arte Dramática, do corpo de profesores de música e artes escénicas (594). (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 4 de febreiro ata o día xoves 17 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 4 de febreiro de 2022.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

PDF icon Resolución do 2 de febreiro de 2022PDF icon Resolución do 23 de marzo de 2022PDF icon Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 594445,...)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594445)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594448)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594449)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594450)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594451)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594456)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594458)PDF icon Baremo provisorio para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594459)PDF icon Resolución do 6 de abril de 2022PDF icon Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións (esp. 594445, 594448,..)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594445)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594448)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594449)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594450)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594451)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594456)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594458)PDF icon Baremo definitivo para a cobertura de interinidades e substitucións (especialidade 594459)