Título node Learning object

Ponse en marcha a décimo sétima edición do concurso Euroscola 2012 organizado polo Parlamento e a Comisión Europea
Ven, 24/02/2012 - 09:58
Euroscola 2012

O 20 de febreiro comeza o concurso Euroscola 2012, XVIII edición que terá dous temas centrais:

  • Ano europeo do envellecemento activo e a solidaridade interxeneracional.
  • Os 25 anos do programa Erasmus.

O concurso, convocado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España en colaboración coa Representación en España da Comisión Europea está destinado a rapaces entre 15 e 18 anos que estudian ESO, Bacharelato ou Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio, en centros educativos españois.
O seu principal obxectivo é  de acercar Europa aos máis xóvenes facéndolles partícipes da construción europea . No caso do concurso deste ano trátase de dar a coñecer as oportunidades que brindan os programas europeos de intercambio educativo dirixidos aos xóvenes e aos seus profesores, destacar a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida , o envellecemento activo e a solidaridade entre xeneracións.
O próximo 20 de febreiro comeza a competición Euroscola 2012, que se prolongará ata o 23 de abril.
Inscricións e desenrolo do concurso
As inscricións dos equipos se realizan a través de la páxina web www.euro-scola.com.
O desenrolo efectivo do concurso comezará o 20 de febreiro e terá unha etapa inicial e unha proba final.

  • Etapa inicial: do 20 de febreiro ao 20 de marzo.
  • Etapa final: do 16 ao 23 de abril.

A pesar de que o concurso comezara, será posible inscribirse ata o 9 de marzo.
Isto débese a que Euroscola está baseado nun modelo de competición flexible e dinámico, cuns prazos de tempo moi amplos para realizar as diferentes fases do concurso.
Este modelo permite que o profesor (líder de cada equipo) poda adaptar a organización e participación dos alumnos aos horarios e actividades de cada centro educativo.

Premios:
O premio final do concurso será a participación no Programa Euroscola do Parlamento Europeo en Estrasburgo (Francia) xunto con xóvenes de toda Europa. Será organizado durante o curso académico 2012-2013 e contará cunha axuda financeira para a realización da viaxe. A axuda, que varía en función da distancia, oscila entre os 6.000 e 8.000 euros por centro.
Por cada Comunidade Autónoma haberá un finalista. Os 9 equipos mellor clasificados de entre todos os finalistas (cada un dunha CCAA diferente) serán os gañadores.
Para favorecer o coñecemento doutros idiomas extranxeiros, tamén haberá un premio para o equipo que obtivera a maior puntuación dentre os que compitan en lingua inglesa, independentemente de que haxa un equipo da mesma Comunidade Autónoma que resultara gañador da competición en lingua castelán.
A este premio principal súmanse outros premios que recibirán os equipos mellor clasificados e que serán entregados polas entidades colaboradoras relacionadas coa celebración do Ano Europeo 2012, institucións e entidades europeas, así como diversas Comunidades Autónomas e ONGs.

Menús Learning object node R