Título node Learning object

Publícase "Igualdad y violencia contra las mujeres en la adolescencia en España"
Xov, 20/01/2022 - 14:49
portada

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou o estudo "Igualdad y violencia contra las mujeres en la adolescencia en España. El papel de la escuela", un traballo que constitúe o volume núm. 1 da colección "Aulas por la igualdad". Esta publicación é un dos estudos extraídos do traballo de recollida que se levou a cabo a nivel estatal e no que participaron equipos directivos, profesorado e alumnado de 3º e 4º da ESO, bacharelato, FP e FP básica de 23 centros docentes galegos, co fin de coñecer a súa percepción da incidencia da violencia de xénero en persoas menores de idade.

Este estudo, coordinado pola profesora Mª José Díaz Aguado, da Unidade de Psicoloxía Preventiva da Universidade Complutense de Madrid, dálle continuidade á serie de publicacións periódicas realizadas pola Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género e inicia unha nova colección (Aulas por la igualdad) editada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Constitúe un volume de enorme interese para coñecer o impacto social da violencia de xénero en poboación escolar.

Pódese descargar o volume na seguinte ligazón.