Título node Learning object

Obradoiros para traballar a igualdade desde as perspectivas masculinas e femininas
Ven, 19/11/2021 - 13:45
cartel

A asociación pedagóxica Nova Escola Galega organiza a actividade "Obradoiros para traballar a igualdade desde as perspectivas masculina e feminina". Esta actividade está impartida por Xosé Cabido (profesor de Filosofía, Profesor titor do curso Formación Inicial en Igualdade para docentes) e Sonia F. Casal (profesora de Matemáticas, Máster en Xénero e Políticas de Igualdade). Ambos coordinaron o proxecto coeducativo “Nós tamén Navegar”, Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña 2016, desenvolvido no IES Plurilingüe Fontexería (Muros). Neste proxecto, creáronse espazos de reflexión e diálogo con alumnos e alumnas separados por xénero, o que favoreceu unha receptividade por parte do alumnado distanciada da confrontación co "sexo oposto".

Nesta actividade presentaranse algúns dos obradoiros realizados con alumnos nos que se analizan e cuestionan os mandatos de xénero masculinos interiorizados desde a infancia, así como obradoiros realizados con alumnas analizando e cuestionando as mensaxes sociais en relación cos corpos e a sexualidade feminina. Promoverase a procura de estratexias para que as e os docentes asistentes poidan empregalos e adaptalos ao seu alumnado.

Datas: venres 26 e sábado 27 de novembro de 2021
Duración: 8 h
Horario: venres (de 16.30 a 20.00), venres (de 10.00 a 14.00)
Lugar: Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames)
Modalidade: presencial
Inscrición: de balde, con prazas limitadas, a través da seguinte ligazón.

Pódese consultar a información na web de Nova Escola Galega.