Publicación das puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas

Mér, 01/09/2021 - 12:04

De acordo co establecido na base sétima da Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se convoca procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas dependente desta consellería. (DOG n.º 122, do 22 de xuño), publícanse as puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4.

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás puntuacións provisionais no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Polo tanto o dito prazo abrangue dende o día 2 ata o día 8 de setembro de 2021, ambos incluídos.

As reclamacións  presentaranse por calquera dos medios a que alude a base 3.8. da orde de convocatoria.