Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nas especialidades de navegación e instalacións mariñas, máquinas, servizos e produción, harpa, frauta de bico, percusión, viola da gamba e linguaxe musical

Mar, 22/11/2011 - 10:10

Xúntase o Anuncio do 8 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións nos corpos de profesores de ensino secundario na especialidade de navegación e instalacións mariñas (590109); profesores técnicos de formación profesional na especialidade de máquinas, servizos e produción (591210) e profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de harpa (594402), frauta de bico (594411), percusión (594422), viola da gamba (594432) e linguaxe musical (594460).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.