Título node Learning object

Xornadas "A memoria diversa"
Lun, 21/06/2021 - 12:25
youtube

A Deputación da Coruña ten ao dispor na rede as sesións da xornada "A memoria diversa". Pódese consultar o programa na web da Deputación e na súa canle de Youtube as sesións (1ª sesión, 2ª sesión e 3ª sesión).

Estas xornadas teñen como finalidade recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas que loitaron pola visibilización e dignificación do colectivo, así como as vítimas da represión e o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidade sexual.

O programa da actividade inclúe as seguintes participacións:

 

VENRES 18 DE XUÑO

16.30 h. | (A) ausencia de Memoria Histórica LGTBIQA+

  • María Xesús López Escudeiro. Coordinadora do programa “Vivas e Visibles” de recuperación da memoria das mulleres e coautora da exposición “Do gris ao violeta” para o programa "A Memoria das Mulleres". Autora de diversos artigos arredor da memoria histórica.

  • Marcos Gabriel López López. Comisario de "A MEMORIA DIVERSA".

  • Deputado de Cultura, Xurxo Couto e deputada de Igualdade, María Muíño, da Deputación da Coruña.

 

17.00 h. | Feminismo Lesbiano en Galicia. Presenta: Noemí Díaz. LesCoruña e Rede Galega de Docentes LGTBI.

  • Nanina Santos Castroviejo. Cofundadora da Asociación Galega da Muller (AGM) en 1976; da equipa de redacción de ANDAINA: revista galega de pensamento feminista..
  • Guillermina Domínguez Touriño. Docente, escritora e investigadora feminista no ámbito da presenza e representación das mulleres na Historia e na Arte.

18.00 h. | A loita pola diversidade: os inicios do movemento. Presenta: Lalo Vilar. Representante do Colectivo Agrocuir.

  • Jordi Petit. Activista LGTBIQA+ e presidente honorífico da coordinadora Gai-Lesbiana de Catalunya, membro de Honra de Stop Sida, premio solidariedade do Instituto de Dereitos Humanos e a Cruz de Sant Jordi pola súa loita a prol dos dereitos civís.

19.30 h. | Proxección/Premiere do filme documental “PERSOAS S.A.”. Presenta: Cristina Palacios. ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans*

  • Carme PG Granxeiro. Directora e realizadora audiovisual.

 

SÁBADO 19 DE XUÑO

10.30 h. | A resistencia Trans. Presenta: Patrick Dopico. Asociación Trans Amizando

  • Laura Bugalho Sánchez. Sindicalista e activista no Transfeminismo.

  • Eric Dopazo. Músico, filólogo e activista trans.

11.30 h. | Silenciamento das voces diversas na Literatura Galega. Presenta: Ana Amigo Ventureira Asociación Avante LGBT+ e Rede Galega de Estudos Queer.

  • Carlos Callón. Docente, escritor, investigador e activista do movemento LGTBIQA+.

13.00 h. | Historiar o diverso. Presenta: Elisabeth Pérez Costas. Asociación Nós Mesmas.

  • Daniela Ferrández Pérez. Doutora en Historia contemporánea e bolseira da Deputación da Coruña como investigadora da historia LGTBIQA+ en Galicia.

  • Mariám Mariño Costales. Investigadora en antropoloxía feminista e técnica do centro de documentación de igualdade e feminismos do Consello da Cultura Galega.

16.30 h. | Contra a desmemoria. Voces recuperadas a través do audiovisual. Representante da Asociación "ALAS"

  • Domingo Díaz Docampo. Director do filme "Tomás Fábregas. Fighting Barriers"

17.30 h. |  Presentación do libro “A Memoria Diversa”. Presenta: Soledad Fernández Costas. Chrysallis Asociación Estatal de Familias de Menores Trans

  • Eva Mejuto Rial. Xornalista, escritora e autora do libro.

18.30 h. | Concerto de Éric Dopazo: Un rapá Transquilo.