Título node Learning object

A igualdade en tempos de pandemia, polo alumnado do Xelmírez I
Mér, 10/02/2021 - 15:41
secuencia

O alumnado de bacharelato da materia "Coeducación para o Século XXI" do IES Xelmírez I (Santiago de Compostela) compartiu coa comunidade educativa o seu traballo de reflexión sobre a situación da igualdade ao longo da pandemia. Podedes ver o vídeo (9.31 min) no blog da biblioteca do centro e mais na súa canle de Youtube e de Instagram. Nel atoparedes reflexións arredor da saúde, do traballo non remunerado derivado do coidado, do traballo remunerado e o desemprego e coa violencia agudizada co confinamento, entre outros temas de interese..