Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Mar, 26/01/2021 - 14:41
c

Resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á IX edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes premios:

  • Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil

Mariluz avestruz, do CEIP Xesús San Luís Romero. Carballo. A Coruña

  • Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria

Quen pode vencer o virus, do CEIP Plurilingüe Virxe do Mar. Narón. A Coruña

  • Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria

Paco Papán, do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A Laracha. A Coruña