Título node Learning object

Violencia comparada
Ven, 13/11/2020 - 11:37
cartel

O Consello da Cultura Galega dispón na rede dos relatorios gravados para as xornadas Violencia comparada. Os distintos relatorios pódense escoitar xa na rede, e establécense debates en directo coas autoras o vindeiro venres 20 de novembro. Na web do Consello ofrécese tamén un apartado de materiais con documentos de interese para coñecer o impacto da violencia de xénero.

Cronograma:

  • venres 13 de novembro: publicación dos relatorios gravados en consellodacultura.gal
  • venres 20 de novembro: debate coas relatoras

Programa:

  • Estatística de actos violentos sobre mulleres e menores. Custo real da violencia en España. María Debén Alfonso, responsable da Área de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero na Delegación do Goberno de Galicia, Subdelegación do Goberno na Coruña
  • Estatísticas en materia de violencia da comunidade autónoma. Belén Liste Lázara, Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero na Secretaría Xeral de Igualdade, Consellería de Emprego e Igualdade, Xunta de Galicia
  • Estatísticas xudiciais dos actos violentos sobre mulleres e menores. Relevancia estatística do artigo 416 da lei de axuizamento criminal. Mª de los Ángeles Carmona Vergara, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, Observatorio Estatal contra a Violencia
  • Estatística sobre violencia sexual. Impacto social desta violencia. Mª Victoria Rosell Aguilar, delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero, Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero

 

    A actividade non será presencial. Será retransmitida a través da web e da canle en youtube do CCG nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras. Non é necesaria inscrición previa. Pódese participar no debate en directo a través do correo participa@consellodacultura.gal.

    Pódese consultar toda a información na web do Consello da Cultura Galega.