Título node Learning object

IV Convocatoria de axudas Dualiza
Ven, 11/09/2020 - 11:18
IV Convocatoria de ayudas Dualiza

Fundación Bankia pola Formación Dual e a Asociación Nacional de Centros de Formación Profesional FP Empresa lanzan a IV Convocatoria de Axudas Dualiza para proxectos de colaboración entre centros educativos de FP e empresas ou outras entidades.

Obxectivos

- Promover proxectos de colaboración entre centros educativos e empresas ou outras entidades no marco da formación en alternancia, nos que ambos participen de diferentes niveis de responsabilidade no proceso formativo -planificación, desenvolvemento, seguimento e avaliación.

- Expandir a cultura de traballo en rede entre os diferentes axentes que coexisten no ecosistema da formación profesional.

- Apoiar iniciativas dirixidas a mellorar a formación do persoal docente e dos titores (de centro e empresa) tanto desde o punto de vista da especialización como o da capacitación pedagóxica.

- Incentivar proxectos que se centren en investigar e mellorar a calidade da formación profesional.

Modalidades

A. Formación en alternancia.

B. Empresa e/ou entidade pro formadora. 

C. Investigación e innovación sobre a FP.

D. Desenvolvemento de proxectos en rede. 

Prazos

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o luns 21 de setembro ata as 23.59 horas do xoves 8 de outubro de 2020.

Bases

https://www.dualizabankia.com/recursos/doc/portal/2019/07/17/convocatori...