Título node Learning object

XII Edición dos premios Educacompostela
Lun, 07/09/2020 - 08:58
Nova Escola Galega

O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñeceren, promoveren, premiaren e difundiren publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

O prazo de presentación de orixinais ábrese coa publicación destas bases no boletín oficial da provincia de A Coruña e rematará o 9 de outubro de 2020.

Máis información

http://neg.gal/almacen/documentos/EDUCACOMPOSTELA%202020.pdf