Educación recoñece o traballo de 30 centros cos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP

O obxectivo é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros de ensino, empresas e outras entidades
Mér, 10/06/2020 - 11:07

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional, cos que se recoñece o traballo de 30 centros. O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000 euros, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.

O departamento educativo da Xunta aposta por transformar os ciclos en ensinanzas que se adapten ao contorno produtivo e ao novo modelo económico baseado no coñecemento como forza impulsora. Deste xeito estase a camiñar cara a un sistema de formación profesional máis áxil, flexible e eficiente, estreitamente vinculado ás demandas formativas da poboación e ao impulso de valores como a creatividade, a innovación e o traballo en equipo, así como á estimulación do espírito emprendedor.

A convocatoria segue as directrices marcadas pola Estratexia Europa 2020, que incorpora como obxectivo o impulso dunha formación profesional que propicie novas experiencias nos campos da innovación, da calidade, da creatividade e do emprendemento.

Modalidade A

Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que teñan como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica que redunde na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos e que estean orientadas a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

Concello

Centro educativo

Proxecto

Culleredo

IES Universidade Laboral

SMARTspringwater: Fonte de auga intelixente

Culleredo

IES Universidade Laboral

Climatización eficiente con enerxías renovábeis de axuda persoal – CE2 RAP

Ferrol

CIFP Ferrolterra

BENenBICI

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Adaptación de motor de gasolina a hidróxeno

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Xemelgo dixital na educación 4.0

Santiago de Compostela

IES San Clemente

Contedores intelixentes

A Coruña

CIFP Someso

Modelización dun vehículo-concepto con suspensión auto-balanceable

Pontedeume

IES Fraga do Eume

Café 5.0

Rianxo

IES Félix Muriel

DiversidApp: unha App de xestión doméstica e promoción da autonomía persoal para persoas con diversidade funcional

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Industria 4.0: Aplicación da realidade aumentada no mantemento industrial

Lugo

CIFP As Mercedes

Efficiency energy dron

Lugo

CIFP As Mercedes

Adaptación de brazo mecánico a fresadora

Ourense

CIFP A Farixa

Sistema de monitorización e alertas para instalacións térmicas

Vilamarín

IES de Vilamarín

O rexurdir das landras

A Estrada

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Eco Urban furniture for schools

Pontevedra

IES Montecelo

Aproveitamento da enerxía cinética residual dos vehículos

Ponteareas

CIFP A Granxa

Proxecto Fénix: Mellora enerxética da valorización dos produtos agroecolóxicos da horta familiar.

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Aeroxerador doméstico de alto rendemento

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Produción biolóxica e sostible de afumados galegos

Vilagarcía de Arousa

IES Fermín Bouza Brey

Prototipo de máquina de control de calidade e selección de froita

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Comparativa de equipos de CO2 para cámaras comerciais de conxelación

Vigo

IES Ricardo Mella

Telerrobot con realidade virtual

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Elaboración de pans saudables empregando sales baixas en sodio

 

Modalidade B

A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

Concello

Centro educativo

Proxecto

Carballo

IES Monte Neme

emeæi - Espazo multisensorial de experiencias e artes escénicas inclusivas

Cee

IES Fernando Blanco

Plataforma de conectividade coa manobra K2

Culleredo

IES Universidade Laboral

Aula SITMUGA: Aula didáctica de simulación de turbinas de gas

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Mordaza de precisión controlada mediante hidráulica proporcional.

Ribeira

CIFP Coroso

Deseño dun modelo a escala de unidade de tratamento de Ar (UTA) de baixo custo

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Medición do tempo de reverberación

A Coruña

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Oír para vivir 4.0

Fene

IES de Fene

A realidade aumentada aplicada na tecnoloxía hidráulica

Lugo

CIFP As Mercedes

Fabricación avión aluminio a escala con estrutura real

Lugo

CIFP As Mercedes

Maqueta funcional de tren de aterraxe con panel de control

Viveiro

IES María Sarmiento

Eco vehículo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Perruca e postizos, elaboración e mantemento

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Métodos analíticos de control medioambiental

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Deseño e aplicacións dos robots cartesianos: CNC de corte por plasma e paletizador industria 4.0

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Eficiencia enerxética en procesos electroneumáticos

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Instalación fotovoltaica para autoconsumo sen excedentes en vivenda monitorizada vía web

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Deseño, planificación e transformación dun container nun centro sanitario móbil autosuficiente enerxeticamente

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Implantación dun robot cartesiano e dous robots antropomórficos a unha inxectora de plásticos

Marín

IES Chan do Monte

Ferramentas de márketing dixital utilizadas polas empresas. Adaptación as actividades de aula

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

A mesa do Oroza

 

Criterios de valoración

Entre os criterios para escoller os proxectos premiados valoráronse, en especial, aqueles nos que se fomenta a colaboración do profesorado e do alumnado de formación profesional con empresas e institucións do seu contorno, e con outros centros educativos; así como os que fomentan a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.

Tamén se tivo en conta que impliquen unha mellora na calidade da formación e na empregabilidade e a inserción laboral do alumnado, o nivel de impacto do proxecto no contorno produtivo desde o punto de vista tecnolóxico e ambiental ou o grao de transferencia e resposta a un reto empresarial.

Así mesmo deuse prioridade ás iniciativas que favorezan o acceso da muller aos perfís relacionados con profesións STEAM e actividades industriais, así como o acceso dos homes a sectores que contan con escasa representación masculina.