Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. Relación de proxectos premiados. Convocatoria 2020

Mér, 10/06/2020 - 09:38
Publicada a Resolución do 9 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional onde se impartan ensinanzas de formación profesional, convocados na resolución do 20 de novembro de 2019.