Título node Learning object

Si eres original, eres de libro
Mér, 08/04/2020 - 10:35
l

O concurso "Si eres original, eres de libro" é unha das iniciativas do programa "Es de Libro", organizado polo CENTRO ESPAÑOL DE DEREITOS REPROGRÁFICOS EGDPI (CEDRO).

Este concurso propón a elaboración de traballos de investigación orixinais, realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, sobre un tema do seu interese: música, ciencia, literatura, arte, natureza, historia, cinema, deportes, filosofía e pensamento, tecnoloxías, matemáticas...

Os traballos poderanse presentar a concurso en todas as linguas oficiais de España e presentaranse unicamente en formato dixital en liña.

A forma de xestión é exclusivamente por medio da web:

  • Inscricións: formulario en liña (Apúntache > Inscríbeche)

  • Consultas (concurso@esdelibro.es)

  • Presentación de traballos ao concurso: formulario en liña (Apúntache > Envía o teu traballo)

Ata o 30 de abril de 2020 podes inscribirte co teu alumnado e enviar os vosos traballos.

Máis información:

http://www.esdelibro.es/gl/apuntate