O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística con estudantes da ESO na Coruña

Vázquez Abad visitou no Centro Residencial Docente da cidade herculina a alumnos de 1º e 2º da ESO que está a mellorar as súas competencias en inglés

Estas estadías desenvólvense ao abeiro do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras

Mér, 03/08/2011 - 12:00
O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística
O conselleiro de Educación comparte unha xornada de estadía lingüística con estudantes da ESO na Coruña

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, compartiu hoxe parte da xornada cos preto de 300 estudantes de 1º e 2º da ESO que están a mellorar as súas competencias lingüísticas en inglés no Centro Residencial Docente da Coruña, situado en Culleredo, nas estadías organizadas pola Consellería no marco do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Esta experiencia no CRD da Coruña foi iniciada no mes de xullo por estudantes de 6º de educación primaria e 1º da ESO, e continuará na segunda quincena de agosto por outras preto de 300 alumnas e alumnos tamén de 1º e 2º da ESO, todos eles en inglés.

Durante a súa visita o conselleiro lembrou ás alumnas e alumnos a importancia das linguas estranxeiras para se desenvolveren tanto na vida académica como no seu futuro profesional. Neste sentido o conselleiro explicou que a Xunta de Galicia mantén un firme compromiso co impulso do ensino dos idiomas. Non en balde, lembrou o Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras permitiu que máis 29.000 galegas e galegas melloraran as súas competencias noutras linguas no curso 2010/2011. O obxectivo é que ao final da lexislatura 40.000 persoas en Galicia teñan participado deste proxecto.

Estadías

Os estudantes cos que se reuniu hoxe Vázquez Abad están a participar nas estadías formativas organizadas pola Consellería para que o alumnado de 6º de Primaria, ESO e Bacharelato mellore as súas competencias en linguas estranxeiras durante o verán. Así este ano convocáronse un 40% máis de prazas que ao inicio da lexislatura para que os estudantes participen en estadías, tanto en ‘vilas inglesas’ en Galicia, como no estranxeiro, en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña.

Este ano, o programa de estadías contemplou por primeira vez prazas para que estudantes de FP de grao superior que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo poidan realizar estadías de 3 semanas no estranxeiro. Ademais repítese a experiencia de integración dun grupo de 20 estudantes durante a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

Impulso ao plurilingüismo

Este ano, o programa de estadías contemplou por primeira vez prazas para que estudantes de FP de grao superior que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no currículo do seu ciclo poidan realizar estadías de 3 semanas no estranxeiro. Ademais repítese a experiencia de integración dun grupo de 20 estudantes durante a principios de curso no sistema educativo canadense, compartindo aulas cos seus alumnos e profesores.

 

Impulso ao plurilingüismo

Co fin de que os estudantes galegos poidan ter acceso a un ensino plurilingüe, a Consellería de Educación, a través do devandito Plan, está a desenvolver numerosas iniciativas, entre as que destacan a creación da Rede Galega de Centros Plurilingües e o impulso das seccións bilingües. Cómpre lembrar que a Consellería vén de autorizar,de forma provisional,a autorización de 47 novos centros plurilingües e  do funcionamento de 304 novas seccións bilingües, que se sumarán ás 1.519 que estaban a funcionar no curso 2010/2011. Deste xeito, o vindeiro curso haberá un 150% máis de seccións bilingües funcionando nos colexios e institutos galegos que as que había a comezo de lexislatura -720-