Convocatoria do Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans

Lun, 02/03/2020 - 12:12

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca con data 2 de marzo de 2020, o Proxecto "EnCANtame ler" de lectura apoiada por cans, destinado a centros públicos de educación infantil e primaria, ou centros específicos de educación especial, de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe).

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo de 2020.