Título node Learning object

Igualdade e retos en educación
Mar, 04/02/2020 - 09:59
logo

A Rede de Formación do Profesorado oferta, un ano máis, a actividade "Igualdade e retos en educación" con fin de estimular a participación do profesorado galego na conmemoración do Día Internacional da Muller, que terá lugar o vindeiro 8 de marzo.

 

Pódense consultar os obxectivos e os contidos da actividade e realizar a inscrición en FPROFE.

 

Este ano contaremos coa participación de: Marisa Soleto (Fundación Mujeres), Lorena Fernández Álvarez (@loretahur), Ana López Navajas, Felisa Redondo, Montse Vilar, Gracia Santorum, etc.

 

Título: Igualdade e retos en educación. Curso 2019-2020
Código: G1901001
Data:  sábado 29/02/2020
Duración: 8 h
Data límite de inscrición: ata o 12 de marzo
Lugar: EGAP- Santiago de Compostela
Prazas:  250
Servizos: Haberá servizo de ludoteca para quen o precise.