Título node Learning object

Concurso Apúntate un 10!
Ven, 29/11/2019 - 12:02
Concurso Apúntate un 10!

A Fundación Pluralismo e Convivencia rétavos a descubrir o 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, canto saben os teus alumnos sobre a liberdade e a diversidade de crenzas co Test que prepararon.

Nacións Unidas, a través do Programa Mundial para a Educación en Dereitos Humanos, expón aos Estados a oportunidade de traballar sobre un dereito específico como punto de partida para consolidar a Educación en Dereitos Humanos. Desde a Fundación Pluralismo e Convivencia queren contribuír ao devandito obxectivo convidando os Centros Educativos a traballar este ano sobre a liberdade relixiosa proclamada como dereito de todas as persoas no artigo 18 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

E en concreto, retan ás clases de 4º da ESO para medir os seus coñecementos sobre a liberdade relixiosa e a diversidade de crenzas resolvendo o día 10 un Test que estará activo entre as 9:00 e as 14:00 h. A clase que máis puntos consiga gañará unha actividade en grupo a determinar por eles/as mesmo/as valorada en 1.000 euros.

Se es profesor/a dunha clase de 4º da ESO en España podes inscribir gratuitamente á túa clase no concurso ata o día 5 de decembro ás 24:00 h.

Máis información: https://www.pluralismoyconvivencia.es/nuestro-traballo/divulgacion-e-sensibilizacion/concurso-apuntate-un-10/