Concurso "Rosalía sempre viva"
Ven, 22/11/2019 - 12:42

A Casa-Museo Manuel María convoca a sexta edición do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva. Segundo as bases que se veñen de publicar, os centros educativos teñen ata o 27 de xaneiro para inscribirse nun certame que o ano pasado reuniu en Outeiro de Rei máis de un centenar de alumnado de toda a xeografía galega.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar ten como obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesia de dúas das voces máis importantes e populares da literatura galega. 

A fase final do certame, dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato e Ciclos Formativos, celebrarase no auditorio da Casa-Museo Manuel María o 14 de marzo do 2019.

Bases do concurso:

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/actividades/a-casa-museo-manuel-maria-convoca-mais-unha-edicion-a-sexta-do-concurso-de-recitado-poetico-rosalia-sempre-viva.htm?paxina=1&tipo=ACTIVIDADE