Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do practicum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2019/2020

Mar, 17/09/2019 - 09:03

Xúntase a Resolución do 2 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en Formación Pedagóxica e Didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2019/20.

  • O prazo de presentación das solicitudes dará comezo o día seguinte ao da súa publicación e terán quince (15) días hábiles de prazo de solicitude, en que se pechará a aplicación Xade.