Título node Learning object

Día Europeo das Linguas (DEL)
Ven, 13/09/2019 - 12:18
Día Europeo das Linguas (DEL)

O Día Europeo das Linguas (DEL) vense celebrando cada ano dende 2001, o 26 de setembro, como unha iniciativa para poñer en valor o multilingüismo do Consello de Europa, que representa a 800 millóns de cidadáns de 47 países

Na súa celebración participan numerosas institucións e asociacións con intereses culturais e lingüísticos, así como universidades e centros escolares. O Día Europeo das Linguas non faltou nunca á súa cita anual dende que se celebrara por primeira vez no ano 2001

Os obxectivos xerais da celebración do Día Europeo das Linguas son :

  • Preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa

  • Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto no ámbito escolar como fóra del para capacitar profesionalmente coma tamén para a súa aprendizaxe para o lecer

  • Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de linguas que se aprenden co obxecto de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural

 

Coa ocasión deste día, organízanse unha gran variedade de eventos e actividades en todo o continente

Para máis información consulte as seguintes ligazóns:

Páxina principal DEL: http://edl.ecml.at/Home/tabid/1455/language/es-ES/Default.aspx

Paxina do Consello de Europa: https://www.coe.int/en/web/portal/home