Convocado o proceso de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2019/2020
Coa finalidade de implementar no curso 2019/20 nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia, o proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, acaba de convocarse o proceso de selección dos centros que participarán no proxecto no vindeiro curso.
Digicraft en tu cole é un programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas dirixidas a rapaces de entre 6 e 12 anos diseñado pola FUNDACIÓN VODAFONE ESPAÑA en colaboración con universidades españolas, que ten como obxetivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude en España.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2019 (inclusive).
Deberá presentarse o Anexo I debidamente cuberto, xunto coa documentación establecida na convocatoria, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e remitir copia da solicitude presentada e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es
Pode obter máis información sobre o proxecto no anexo informativo.
Anuncio (DOG)
Convocatoria
Anexo informativo
Anexo I (PDF)
Anexo I (editable)
Comunicación pola que se fai pública a relación provisional de centros seleccionados
Relación de centros presentados
Relación provisional de centros seleccionados
Relación provisional de centros excluidos
Relación definitiva de centros seleccionados