Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/2020

Lun, 01/07/2019 - 11:46

Relación provisional dos 25 centros que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, ao abeiro da Orde de 2 de abril de 2019 (DOG do 16 de abril) pola que se convoca este programa para os centros de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o curso 2019/2020.

  • Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións.

Esta relación poderá verse aumentada en función das renuncias ou baixas ocasionadas por baixa actividade de centros incluídos no PLAMBE durante o curso 2018/2019.  A resolución final coa relación da totalidade dos centros integrados no programa publicarase no DOG, trala resolución definitiva desta convocatoria.