Título node Learning object

Curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero
Ven, 28/06/2019 - 13:54
logo USC

Dentro do programa de cursos de verán da USC ofrécese o "Curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero" (n. 39), que dirixen Ramón Arce Fernández (USC) e Gualberto Buela-Casal (Granada). Trátase dun curso sobre violencia de xénero cun enfoque aplicado no que se abordan os distintos ámbitos relacionados, tales como as actuacións desde as administracións públicas, tanto autonómica como local, o contexto xurídico, o psicolóxico e as Forzas de Seguridade do Estado. Pódese consultar o programa do curso e formalizar a matrícula na seguinte ligazón.

Data: 10, 11 e 12 de xullo de 2019
Lugar: Auditorio Municipal de Ribeira. Pza. dos Mariñeiros, s/n - Ribeira (A Coruña)
Nº de horas lectivas: 25

A organización do curso ofrece bolsas de aloxamento. A CEUFP ofrece a posibilidade de cubrir gastos derivados da formación do profesorado a través da Orde do 13 de xuño de 2019 sobre reintegros.