Título node Learning object

Informe da FAD sobre a percepción da igualdade por parte da mocidade
Ven, 28/06/2019 - 13:37
portada

A Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (FAD), o Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud publicaron o "Primer informe jóvenes y género. La (in)consciencia de equidad de la población joven en España" (2019). O volume está asinado por Elena Rodríguez San Julián e Juan Carlos Ballesteros Guerra. Pódese descargar na seguinte ligazón.

Este informe incorpora unha panorámica dos indicadores que achegan perspectiva de xénero nos estudos sobre a mocidade e repasa os resultados máis relevantes das investigacións realizadas ata 2019. Inclúe tamén unha análise tipolóxica a partir da análise das actitudes, das opinións e dos comportamentos.