Instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/2020, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da ESO e do bacharelato nos centros docentes

Mar, 11/06/2019 - 09:00

Xúntase a Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Detectado un erro na Resolución do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no DOG do 11 de xuño de 2019, informamos aos centros educativos que no Anexo I, nas materias e horas correspondentes ao 2º curso da ESO, na materia de Tecnoloxía deben figurar 3 horas e na materia de Segunda Lingua Estranxeira deben figurar 2 horas.

  • Proximamente aparecerá a modificación nunha corrección de erros.