Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do concurso-oposición ao corpo de PES, PT, EOI, profesores de música e artes escénicas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2019

Xov, 16/05/2019 - 14:45

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as as listas provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 21 defebreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 48 do 8 de marzo).

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o venres día 17 de maio e remata o venres día 24 de maio de 2019. As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de acordo co establecido na base sexta da Orde do 21 de febreiro de 2019.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá acceder a sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

Unha vez acceda á sede:

1º Identificarse co seu usuario e contrasinal

2º Premer no botón Acción do código de procedemento ED001A 2019/...

3º Aparecerá unha mensaxe coa seguinte lenda: Alegacións

4º Cubrir o formulario, anexar a documentación se é o caso, asinar e presentar electronicamente

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.