Xornada formativa RUSH
Ven, 03/05/2019 - 15:13

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participa no proxecto europeo RUSH que busca concretar as competencias plurilingües do profesorado. RUSH (Re and up skilling horizons) é un proxecto subvencionado polo programa Erasmus + que ten como finalidade a reflexión, comparación e mellora dos procesos de aprendizaxe e ensino de linguas no marco dun contexto plurilingüe.

Nesta iniciativa participan 8 socios e implica a 3 países, Italia, España e Croacia. Froito desta relación atenderase especialmente ás linguas propias e minoritarias, así como á introdución das linguas estranxeiras nestes contextos, co enfoque CLIL. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza unha xornada formativa aberta a todo o profesorado o martes 14 de maio no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

O programa achégase neste enlace

Inscrición en Fprofe co código: G1802079.