Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Lun, 29/04/2019 - 13:13
Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso escolar 2018/19

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada á educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada á educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.

Concederanse, para cada categoría, catro premios.

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

  • O prazo de presentación das solicitudes será do 30 de abril ao 29 de maio de 2019.

Enderezo electrónico: inclusioneducativa@edu.xunta.gal