Título node Learning object

Bolsas Avenir: 50 bolsas de excelencia en Francia para estudantes de nacionalidade española
Ven, 12/04/2019 - 10:36
Bolsas Avenir: 50 bolsas de excelencia en Francia para estudantes de nacionalidade española

A Embaixada de Francia e o Institut français en España, en colaboración coa asociación de amizade hispano-francesa Diálogo, alíanse a empresas e centros de educación superior para propoñer preto de 50 bolsas de excelencia a estudantes de nacionalidade española ou hispano-francesa.

O obxectivo das bolsas é facilitar que estudantes de España poidan gozar de estancias en Francia para estudar nunha universidade ou Grande Ecole ou realizar prácticas durante o curso 2019/20. Nesta ocasión, convocáronse ao redor de 50 bolsas, de entre 3.500 e 10.000 euros cada unha.

Fin de prazo de presentación de candidaturas: 17 de maio.

Para máis información

https://é.ambafrance.org/Bolsas-Avenir-2019-2020