Título node Learning object

Mesa redonda con equipos con xogadores con discapacidade
Mar, 02/04/2019 - 09:14
Mesa redonda con equipos con xogadores con discapacidade

deporte non só é unha actividade física ou competitiva, a súa práctica conleva uns beneficios emocionais e psicolóxicos capaces de axudar a moitos colectivos con discapacidades a romper barreirasalimentar a autoestima e favorecer dun xeito determinante a inclusión social. Por este motivo, nas actividades ao redor da exposición do Museo Gaiás Valor e mestría. Galicia como fútbol consideramos tan necesaria e axeitada unha mesa redonda sobre o Fútbol como ferramenta de inclusión social e de superación persoal
 

10 de abril | 18.30 horas | Entrada de balde, previa inscrición

Convidámosvos a asistir a esta mesa redonda, de balde pero con límite de prazas, moderada porJuan Luis Cudeiro, xornalista deportivo de El País, onde se abordarán este tipo de experiencias en equipos inclusivos:

-- O responsable técnico do Club Deportivo Lugo, Julián Castaño.
-- A directora da área social da Fundación Real Club Deportivo, Gelines Romero.
-- O técnico da Fundación Celta Integra, Alexandre Abalde.

Entre todos darán unha perspectiva, a través da experiencia dos seus respectivos clubs e xogadores, de historias de superación que conforman estes tres equipos, os únicos galegos que compiten, neste intre, en La Liga Genuine Santander. Esta competición está organizada por La Liga Santander, e trátase dunha experiencia pioneira no mundo, e está formada por equipos con xogadores con discapacidade intelectual.

Organiza: Xunta de Galicia e Fundación Cidade da Cultura
Colaboran: Federación Galega de Fútbol, La Liga Santander e Secretaría Xeral de Igualdade

PREMEDE AQUÍ PARA A INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN