Título node Learning object

XXVIII Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares. Curso 2018/2019
Ven, 15/03/2019 - 12:13
XXVIII Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares. Curso 2018/2019

Patrimonio Nacional convoca o Concurso de Pintura Infantil e Xuvenil para Centros Escolares, que este ano cumpre a súa XXVIII edición.

O propósito deste concurso é divulgar, entre o alumnado, os monumentos, palacios e mosteiros reais que integran Patrimonio Nacional, a través da súa expresión plástica.

O prazo de inscrición queda prorrogado ata o sábado 23 de marzo de 2019, inclusive.

Para inscribir ao centro escolar haberá que enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto polo centro escolar á dirección de correo electrónico concursopintura@patrimonionacional.es 

O prazo de presentación dos traballos rematará o venres 5 de abril de 2019, inclusive. [Considérase presentados os traballos en prazo se o selo de Correos non é posterior á devandita data.]

Os detalles e normas desta convocatoria aparecen recollidas no documento "Bases do XXVIII Concurso PN de Pintura"

Máis información:

http://www.patrimonionacional.es/programas-culturais/premios_listado/xxviii-concurso-patrimonio-nacional-de-pintura-infantil-e